Lembrades cando estudiabamos na EXB, cando eramos pequenos o chegar novembro celebrabamos a noite de HALLOWEEN nas aulas dibuxando bruxas e pantasmas, facendo cabazas con caras monstruosas, a que si.., a que vos acordades, pois ben, agora xa non se celebra, porque agora nos colexios de Galicia celebran o SAMAHIN ou SAMAIN, do gaelico SAMHUINN, pronunciado (sou'en), antiguo ritual celta.
Ainda quedan espacios e lugares que celebran o HALLOWEEN, o (JALO BIN). Pubs e discotecas do mais cool que organizan a festa Norteamericana, tamen podian organizar o Dia de Accion de Gracias, ou o 4 de Julio, día Nacional de EEUU, porque celebrar o HALLOWEEN, non sei a que se debe esta celebración, ¿marketing?. Total, resulta que despois organizan unha festa que se parece o Carnaval mais hortera que se poida celebrar, donde o mais orixinal de dita festa e ir vestido de Bruxa ou de Freddy Krueger ou na decoración do local con velorios e telas negras (moi orixinais), pois que sepan, que o SAMAHIN ou HALLOWEEN, e moito mais que unha festa de disfraces.
O Samhain tampouco se pode decir que é unha tradición propiamente galega, o Samhain é unha tradición celta, e como non está moi claro si fomos un pobo celta pois... O que é verdadeiramente noso e o Magosto que nace como evolución do Samhain celta. Para os celtas, o primeiro de Novembro marcaba a data do fin do ano, o cambio de estación do veran para o inverno, de antar o sol fora da casa a recollerse o caron do lume dunha lareira para matar o frio, a morte do Sol para entrar no tempo da oscuridade. Nesta festa participaban todas as persoas do poboado, onde se celebraban unha serie de rituais, donde a porta do Sidh, do mais alá, do lugar onde se atopaban os mortos, era aberta para que aquelas persoas mortas se poideran comunicar cos vivos. Segundo as nosas vellas tradicións, as almas viñan á terra no "día de defuntos" con moi diversos fins. Por iso nuns lugares poñianlles de comer, para que non pasasen fome, noutros botaban ese día un gran pao ó lume, para que quentasen, e noutros non se podia barrer a casa por si había algun espiritu entre o polvo, outros costumes era deixar un prato na mesa ou racións de comida ou bebida para os defuntos.
A festa do Samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comenzo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando as pólas de serbal e teixo, e con esta fogueira inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. Os druidas subian os carballos e aceñeiras a recoller as baias do visco para despois poder realizar pocimas maxicas con poderes curativos, o estilo Panoramix. Era nesta festa onde os druidas podían comer carne de porco e beber viño, formandose moi a menudo grandes orxias. Durante eses días antes do aninovo, tiñan lugar os sacrificios de animais: pola data había que comezar a almacenar para facer fronte os duros meses que viñan por diante. Estes sacrificios facianse co obxectivo de provisionarse de carne e de pel para o inverno. Era a sua peculiar matanza, como a que se celebra en Galicia por San Martiño. Durante esa noite, unha "porta" se abría, e a dimensión dos vivos ficaba en comunicación coa dimensión do mundo dos mortos, alomenos por unhas horas. Durante este período non se podia sair da comunidade, pois nesta noite, a comunidade so se puñan en contacto cos seus próprios antepasados. Durante esas horas, encendianse fogueiras por todas as aldeas. Non se prendían coa intención de horrorizar os malos espíritus, se non que se encendian para poder guiar os mortos na escuridade da noite, para que atopasen os seus parentes e fogares.
As cabazas que actualmente decoramos con bocas terrorificas e malvados ollos, colocadas nos camiños e valados para asustar os viandantes é o unico costume que pode coincidir co americano Halloween. En Galicia polo Samain era costume baleirar nabos de grande tamaño (non foron cabazas até que chegaron de América) para poñerlles dentro candeas. Nas Rías Baixas, os nenos xogaban estes días coas cabazas, facendo caras con elas, e poñéndolles pelo e bigotes con barbuxa de millo, antes de acenderlles velas. No ritual celta do Samhain eran as propias cabezas cortadas dos enemigos as que utilizaban coa finalidade de espantar os espíritos malvados. Esta práctica perdurou na Idade Média sustituida a cabeza cortada do enemigo nun principio por cabezas de animais e posteriormente por outras simbólicas feitas de pedra que acabarian sendo a orixen mais tarde das gárgolas que aparecen en monumentos religiosos.
No ano 1582, producese o cambio da festividade do 1º de Novembro, sendo nese ano quando se leva a cabo a reforma do calendario juliano en vigor para outro mais adaptado a época, o Gregoriano. O Papa Gregório XIII decidiu entre outras cousas que o dia seguinte ó 4 de Outubro de 1582 fose o día 15 eliminando polo medio dez días. Isto fai que a festa do 1º de Novembro pase a ser o 11 de novembro do novo calendario gregoriano, día que continuou sendo o da celebración da festividade tradicional do Samahin e que en Galicia se denomina agora San Martiño ou Magusto con unhas caracteristicas propias debido a evolucion da festa. Por tanto o dia 1º de Novembro do novo calendario gregoriano corresponderia ó vello 25 de Outubro do vello calendario juliano, que era o dia na que a iglesia católica celebraba o dia de Todos os Santos. En Inglaterra, unha vez imposto o calendario gregoriano no século XVIII celebrarian a festa do "All own een" a vispera dese novo 1 de Novembro no que ainda perduraba o costume das cabezas cortadas da tradicion Samhainica na que agora mais civilizada e cristianizada incluía cabazas. En Galicia a festa mantense no 11 de Novembro gregoriano, o vello dia 1º do calendario juliano, e conservando unha tamén vella parafernalia pagana de (incluída a Santa Compaña -procesión de mortos -) a comida con castañas implicando a salvación dunha ánima por cada castaña comida, e as tipicas cabazas. Pero como a iglesia católica quixo cristianizar todo, o dia 11 de novembro, dia do Magusto pagano, pasou a ser dedicado o obispo bracarense San Martiño de Dúmio antiguo patron da Galicia, seguindo coa vella loita do cristianismo contra o paganismo, pasando a denominarse o dia de San Martiño. Ainda hai outro elemento cristianizado: A noite dos rituais de máxia druídicos, agora convertido en noite das bruxas era tradicionalmente a víspera do Samhain/Magusto, dia do fin do ano céltico que agora, esquecidas as tradición, seguirá a ser tamén o dia de fin de ano, pero desta vez segundo criterios modernos será o 31 de Decembro dia de San Silvestre.
O nome de Magusto daselle varios oríxes etimoloxicas dentre elas a de "MAGNUS USTUS" que ven a significar algo asi como "gran fogueira" donde MAGNUS é grande e USTUS, queimado, ardido. Pode ter unha certa lóxica pero hai outra que ten que ver coas palabras "MAGUS" feiticeiro, bruxo, mago e "USTUS" queimado, querendo falar quiza dunha fogueira para queimar magos segundo criterios cristianos antipaganos medievais. Quiza se refira a fogueira onde os magos facian as suas queimadas entendidas como rituais con fogo. Pode derivar de aquí a queimada galega co seu ritual, o conxuro. Na tradición galega o Magosto nace do Samhain celta empobrecido últimamente polo pouco coñecemento e reducido a unha tradición gastronómica con castañas, viño e chourizos, seguramente o que a iglesia catolica buscou durante seculos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario